martes, 12 de enero de 2016

Madeira e Crimes

Ola a todos, levo varios días sen escribir nada, por mor das festas do Nadal e por exames. Hoxe decidín facer a entrada en galego, debido a recomendación que vos traio. Quero recomendarvos unha serie que esta a ser revelación na televisión galega. ¿Sabedes de que serie vos falo? Pois de Serramoura de cal senón. Desta maneira damos por inaugurada a sección de series.

Serramoura  véndena como unha serie con: “ambientación no mundo da madeira”. Cando comecei a vela pensei que ía ser unha serie onde se vise a vida dos madeireiros, pero eu estaba enganada. Esta serie enganchoume, porque me gustan moito as series de investigación policial como CSI, Mentes Criminais ou o desaparecido O Comisario (serie que saíu durante anos na Telecinco), e diso vai a serie de investigación policial.

O primeiro capítulo xa ten un asasinato e practicamente a primeira tempada transcorre en resolver ese caso. Todos en Serramoura (así se chama o pobo onde transcorre a serie) son sospeitosos da morte de Mónica Triáns(a vítima). En cada capítulo fanche crer que un é o asasino, ata que se descobre o verdadeiro e te deixa atónito. Desta maneira fano en todos os seus casos sempre che fan crer que é un e despois é totalmente oposto.

Vouvos presentar un pouco os seus personaxes para os que non coñecedes a serie:


Aquí temos a Sarxento Neira (Lucía Regueiro) e o Sarxento Bazán (Miguel Ángel Blanco). Eles son os encargados das investigacións. Realmente todos os espectadores da serie estamos agardando a que ocurra algo entre eles (xa me entendedes). Pero non son os únicos gardas están o Tenente, e o entrañable Quique o cal en moitos capítulos sorprende.




O control do ámbito da madeira esta nas mans dos Fiúza e dos Soutelo. Uns propietarios dos montes, encargados da corta e do transporte e os outros os donos do aserradoiro. Unha das cousas que non entendín da serie é:  ¿por qué non poden levar a madeira a outro aserradoiro sen ser o dos Soutelo?¿Vos sabedelo?



Antonio Mourelos dá vida a Evaristo Fiúza o patriarca dos Fiúza. Por outro lado Uxía Blanco é a matriarca dos Soutelo como Dona Teresa.



Estes dous créense os reis de Serramoura e ninguén pode facer nada sen eles non o consenten. Ameázanos con deixalos sen traballo se non fan o que eles din.

Por último quérovos presentar o delincuente da serie, pero para min un dos mellores. ¿Por qué un dos mellores? Porque nos últimos capítulos da segunda tempada, está a demostrar a importancia da palabra amizade, e aínda que hai momentos nos que é malo é o único que vai de fronte. 


Monti Castiñeiras da vida a Santos, dará momentos de moita risa pero tamén de violencia. Xa que o ser un delincuente a única maneira que coñece de arranxar as cousas é a golpes.







Ata aquí o resumo dos personaxes. Ten moitos máis e para moitos o mellor mais importantes cos que puxen eu pero para min son os máis importantes da trama. Para os que non estedes conformes déixovos unha foto do seu elenco da primeira tempada. E invítovos a que se xa vistes a serie me digades cales son os vosos importantes.

Esta serie foi moi laureada e estase a distribuír no estranxeiro como Black Forest. Para rematar darvos una mala nova, a segunda tempada está rematando pero podes ver a serie desde o comezo na paxina web da TVG. Recoméndovola non defrauda.




Un saúdo ^^

23 comentarios:

  1. Boas, son seguidor da serie da TVG dende o inicio.
    En primeiro lugar, felicitarte polo teu comezo na lingua da terra e non nesa lingua extranxeira imposta dende hai séculos na Galiza.
    Continúas a ter os mesmos problemas das comas (,) nos textos, e dígoche que as veces e cansado ler estes textos.
    En canto a valoración da serie da TVG, é correcta, máis creo que é unha serie que non se pode describir de maneira tan sinxela como ti fas, xa que o que envolve a Serramoura é un entramado de cousas e accións que hoxe están de acordo cunha visión e maña xa cambia totalmente.
    Coidado cos femininos e masculinos das palabras e os acentos, xa que de non poñelos cambia a estrutura da frase e interrompe a lectura continua e agradable!
    Polo demais, tamen animar a ver a serie feita na Galiza e por xente de aquí!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola NuncaMais, vexo correcto que aconselles a autora, no que a normas de puntuación se refire, aínda que xa sabes que todos temos erros.
      O que lle dis sobre a lingua “estranxeira”, non o entendo. Ata onde sei Galicia é unha Comunidade Autónoma dun Pais chamado España onde a xente se expresa en Castelán (idioma oficial dos Españois), Galego, Catalán, Vasco... (idiomas cooficiais), e tamén outros (non oficias). Polo tanto, ¿non está a autora no seu dereito de empregar a lingua que mais lle conveña en cada momento?.
      Recorda que a época de ditadura xa terminou, e temos o dereito de falar ou escribir na lingua que queiramos, por vivir en Galicia non estamos obrigados a empregar sempre o galego, nin tampouco por fádelo somos mais ou menos galegos.
      Como recomendación Jenifer, a próxima entrada podela facer en inglés (aínda que eu non me ei entender nada) ;)
      Serramoura a mellor serie do momento, sígoa dende o seu comezo, e oxalá tarden moito en pórlle punto en final. Recomendar ao que aínda non a vira empece pois non sabe o que perde.

      Eliminar
    2. Ola Natalia,
      en primeiro momento non sei en que punto comparei a Galiza actual coa dictadura fascista de Francisco Franco. Eu so felicitei a autora do blog pola incorporación a lingua galega, igual que o faría se escribise en francés, inglés ou portugués (linguas que por sorte logro comprender con certa facilidade). E decirche que o galego foi unha lingua imposta dende hai séculos nesta terra polas distintas clases gobernantes e relixiosas que chegaron á Galiza dende Castela como premios ou castigos nas distintas loitas entre nobres galegos contra os que defendian a Castela. É por iso que digo que foi imposta, senón referirse a frase na que se dí que Galicia vai vivir un periodo de doma e castración.
      Por outra banda, está claro que agora, despois de tantos séculos, a lingua de Castela e a galega están en fase se convivencia na Galiza, mais cada día o galego está máis deixado da administración e o seu uso diminue drásticamente. Pese a iso, que cadaquén fale na lingua que mais lle conveña en cada momento, mais eu gosto de falar na lingua que falaron os meus dende sempre, e que si que viviron con Francisquito Franco. O que non vou dar e clases de galeguidade como pretenden algúns que pensan que por falar galego son mais galegos que os que se expresan noutra lingua. So recordar que se algo nos queda na Galiza, é a nosa fala!
      No tocante ao tema das comas, eu tan só cumpro desexos da blogueira, que na súa primeira entrada pedía que se lle notificasen aqueles erros que poideran ter os seus textos.
      En canto a serie da TVG, concordo ampliamente coa tua opinión!
      Un saudo

      Eliminar
    3. Ola NuncaMais, agradezoche a notificación dos meus erros ortográficos, se te decatas intentei arreglar un pouco o texto. Aínda que o mellor empeoreino máis. A miña decisión de escribir en castelán e porque hai mais xente que entende o castelán que o galego. Se fixen esta entrada en galego foi porque me pareceu que seria un erro recomendar Serramoura en castelán. Pero tamén decirche que eu no meu día a día, e como ti dis cos meus falo nun galego coloquial no que quizáis cometa castelanismos. De maneira que non me estou iniciando na lingua.
      De todas formas todas as críticas son aceptadas
      Un saúdo.

      Eliminar
    4. De onde ves?
      Mazás traigo.
      Meteas polo cú

      Eliminar
    5. Ola NuncaMais, o teu primeiro comentario di ,“felicitarte polo teu comezo na lingua da terra e non nesa lingua extranxeira imposta dende hai séculos na Galiza”.
      Lendo este segundo comentario entendo, que igual no primeiro te equivocaches o escribir as palabra “ e non”, e a túa intención era de dicir que o galego nos foi imposto. ¿Ou non?.
      Que tampouco estou completamente de acordo, pois como ben saberás, sendo coñecedor de idiomas. A nosa lingua proben do Latín, pero aínda conservamos palabras anteriores a colonización romana, e tamén posteriores. E dicir os gobernantes como dis impuñan, pero os nosos antepasados conservaron palabras que se foron gardando como tesouros o longo da historia de Galicia, de aí que en cada zona da nosa terra teñamos palabras que noutras nin coñecen.
      Para min o galego e un fillo de moitas nais, do que nos temos que sentir orgullosos e conservalo (nesto estou totalmente de acordo contigo).
      Pero como ben di a autora se quere chegar a mais lectores, tera que escribir no idioma que maior número de visitas lle proporcione.

      Eliminar
    6. Ola, Gonzalo agradeceriache comentarios constructivos non refráns nin cousas fóra de contexto

      Gracias e un saúdo

      Eliminar
    7. Ola, non entendo moi ben o que me queres dicir, pero quixen decir o que dixen, que o castelán foi imposto na Galiza, xa que a evolución natural do latín coa mestura doutras linguas prerromanas deu a lingua galega, lingua propia do noroeste penínsular.
      Rosalía de Castro escribía en galego e os seus poemas son coñecidos máis alá das nosas fronteiras, e non para ter máis lectores escribiu en castelán ou inglés, fixoo na súa lingua, na lingua que mellor se sabían dirixir ao seu público a pesar das dificultades de plasmala nun papel. Pero se é por chegar a un número maior de internautas, creo que ten que escribir en inglés (que si o fixo) ou chinés, mais co galego pode chegar a unha gran cantidade de persoas! Ogallá todas as persoas que falan e entenden galego leran os suas opinións!
      Un saudo!

      Eliminar
    8. E mellor deixalo estar, cada un interpreta a Historia como mellor entende.
      Menos mal que vivimos nun pais con liberdade de expresión.
      Saúdos.

      Eliminar
    9. Boas,
      cada un interpreta a historia como lle foi contada, mais a historia sempre foi escrita polo vencedores!
      Liberdade de expresión neste país? liberdade é non poder decir o que está na contra dos poderosos? Liberdade é non poder protestar na rúa contra a privatización da sanidade? Liberdade é non poder falar a túa lingua na Xustiza? Liberdade é non poder decidir en que nación vives? Liberdade é ter que cumprir condena lonxe dos teus? Liberdade... onde fica a liberdade? Canto nos fixeron crer con esto que chaman democracia... https://www.es.amnesty.org/paises/espana/libertad-expresion-reunion/ non o digo eu...mais non sei se eles tamén son dos do coletas ou dos de Carrillo que en Paz descanse!

      Eliminar
    10. Ola NuncaMais, neste momento paréceme que o tema se nos foi moito, xa que cando che respondín fíxeno en base a “lingua estranxeira” (entendo eu que era polo castelán).
      Agora estamos a falar de si temos liberdade ou non, como che dixen cada un interpreta a historia como quere, pois cas leis pasa o mesmo.
      “Liberdade de expresión neste país? liberdade é non poder dicir o que está na contra dos poderosos? Liberdade é non poder protestar na rúa contra a privatización da sanidade?”
      A caso non temos dereito a manifestarnos, iso si sen atentar contra os bens públicos, por que xa se sabe que todas as manifestacións terminan no mesmo, un montón de gastos en reposición deses bens públicos, que a uns cantos lle da por romper, queimar... ¿quen pensan que os vai pagar?. E os que van cas ideas claras, sen intención de facer dano sobre eses bens que construímos todos, non os gobernos, acaban no medio dunha liorta da que os inocentes sempre son os mal parados.
      “Liberdade é non poder falar a túa lingua na Xustiza?”
      En todas as administracións galegas, os impresos que utilizamos os cidadáns veñen nas dúas linguas oficias de Galicia. E si o dis porque a persoa que te atende o fai en castelán, esta no seu dereito de falar no idioma oficial que queira, e ti contestarlle no idioma que queiras.
      “Liberdade é non poder decidir en que nación vives?”
      Decidir a nación na que vives, malo será que non atopes unha tendo 194 países no mundo e sabendo idiomas.
      “Liberdade é ter que cumprir condena lonxe dos teus?”
      Podes, se te quedas na túa nación, estarás cos teus. Se tes que deixar a nosa nación por motivos de traballo, entendo que a isto te refires, xa sería outro debate.
      Volvendo o tema principal que era a lingua.
      Jennifer se queres falar ou escribir castelán, galego, inglés...... ou mandarín e cousa túa, eu persoalmente, vou ler as túas entradas sempre, ti tranquila que se non as entendo xa mirarei no tradutor. 

      Eliminar
    11. Ola Natalia e NuncaMais vexo que tedes un debate bastante animado. Quen me diría a min cando fixen a entrada sobre Serramoura que ibades rematar falando de liberdade. So vou decir unha cousa: Se non houbese liberdade eu non podría estar facendo este blog.
      Un saúdo e seguide así de participativos no blog GRACIAS.

      Eliminar
    12. Natalia, parece mentira...non vou seguir co tema, pero os vellos das preferentes son multados e expedientados por queimar contedores do lixo? jajajaj e así as outras cousas, que si por poder escribir un blog xa estamos contentos coa liberdade, sexamos felices e vivamos como galegos!! ajajaj

      Eliminar
    13. Os vellos das preferentes non aparecen en ningun capitulo de Serramora ¿ou si?.
      E cada un está contento co que lle pete.
      Saúdos.

      Eliminar
  2. Si la eleccion del idioma esta basada unicamente en el numero de visitas potenciales me gustaria recomendarte dos: chino e ingles.

    Ahora en serio, entiendo la elección del idioma por ser una serie nacida en la TVG. Aun asi lo importante para el aumento de visitas es el aumento de calidad del contenido del blog. Eso o tirar por el suelo el nivel del mismo, que si sigues escribiendo en castellano, es decir, para un publico español medio, seria la mejor eleccion.

    No conozco la serie, no soporto ver series/peliculas en gallego, pero bueno, aun asi me gustaria decirte un par de cosas sobre la entrada. Sin entrar en aspectos formales lo primero que me gustaria decirte es que cuides los spoilers. Se supone que estas escribiendo una recomendacion, se supone que una recomendacion esta dirigida a alguien que no conoce la serie y si tu explicas que "te van a hacer creer una cosa pero no porque en realidad se solucionara en el ultimo episodio..." O si desnudas a los personajes, pues la verdad es que no me queda claro si te gusta la serie o si la odias. Y una segunda cosa seria que por dios, no metas en el mismo saco a "Mentes Criminales" con "El Comisario" o "CSI". A parte de que se parecen como "Princesa por Sorpresa" a "Star Wars". En las dos hay princesas, pero no tienen nada que ver.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Reina Regente se toma más en serio el blog que la señorita campero

      Eliminar
    2. Hola Reina Regente, escribo en castellano porque se me da mejor escribir en castellano que en gallego. Decidí escribir en gallego porque me apetecía y la serie lo merecía y lo seguiré haciendo siempre que así lo considere. Lo de las visitas me es indiferente era solo una expresión.
      Deberías ver más películas y series en gallego ganan mucho. Me ENCANTA la serie por eso la recomiendo. En cuanto a los SPOILERS no fueron tales porque nunca sabes cuándo va a ser resuelto el caso, de manera que no sabes si es el sospechoso definitivo o no. Muchos se quejan de que es poco lo que trato sobre las series o sobre las películas pero si hago las entradas escuetas es por no entrar en spoilers. De manera que solo me dedico a explicar un poco de que va, los personajes y si me gusta o no.
      Y por último no trataba de meter en el mismo saco a Mentes Criminales, El comisario o CSI. Simplemente quería poner algunos ejemplos de series del género policíaco que me gustan y podría decir muchas más pero solo dije esas.
      Un saludo

      Eliminar
    3. Hola Risto, para que Reina Regente se lo tome en serio, yo Jenifer Campero, también me lo tengo que tomar en serio. No entiendo a qué te refieres, pero creo que nunca me he tomado ninguna de mis entradas a la ligera. Así que te pido que hagas una crítica más constructiva. Porque yo también puedo decir que tú te tomas tu nombre a la ligera al no escribir Mejide con mayúscula.

      Eliminar
    4. Es mejide de DNI. Mi padre fue borracho al registro.

      Eliminar
  3. No deberia ver mas peliculas en gallego porque no me gustan, simplemente. Me alegro de que a otros muchos si.

    Solo te expreso mi opinion, si crees que esta bien como planteas las recomendaciones, adelante.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No se aún muy bien como lo van hacer pero la van a distribuir en el extranjero como Black Forest. Pero ya digo no se si van a ser los mismos actores o van hacer una serie basada en Serramoura. Igual en inglés te animas a verla.
      Un saludo

      Eliminar
    2. Non van ser os mesmos actores obviamente. Black Forest será un ha serie basado nos mesmos conceptos pero que de seguro terá cambios significativos nas liñas argumentais. O proceso de copia de series extranxeiras ten unha folla de ruta ampliamente coñecida.

      Eliminar